Cátedra Denodo UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica

Talento, coñecemento e innovación para transformar a sociedade

Convocatoria dos “Premios Paula Montoto Castelao aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicados á empresa”

Denominación da cátedra

Esta colaboración entre Denodo e a Universidade da Coruña ten como obxectivo promover a excelencia académica e a conexión entre a educación universitaria e as necesidades reais do sector empresarial, impulsando a innovación, o talento e a inserción laboral do alumnado.

Centro de adscrición: Facultade de Informática.

Director: José Losada Pérez

Obxectivos


Obxectivos de formación

1

Fomentar a excelencia na formación do alumnado da Facultade de Informática mediante a integración de experiencias profesionais, ferramentas de vangarda e metodoloxías do sector TIC.

Premiar a calidade e a creatividade dos Traballos Fin de Grao (TFG) ou Traballos Fin de Mestrado (TFM) a través dos “Premios Paula Montoto Castelao aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicado á empresa”, fomentando o esforzo, a innovación e a aplicabilidade dos proxectos.

Facilitar a transición do ámbito académico ao mundo profesional mediante bolsas de inserción laboral ofrecidas pola empresa colaboradora.


Obxectivos de investigación

2

Promover a investigación aplicada en áreas de interese común (Intelixencia Artificial, Big Data, Ciberseguridade, Enxeñaría de Datos, desenvolvemento de software, etc.).

Apoiar o desenvolvemento de Traballos de Fin de Grao e Traballos de Fin de Mestrado relacionados coas liñas tecnolóxicas estratéxicas da empresa.

Promover a colaboración en proxectos de I+D+i que aborden desafíos tecnolóxicos e sociais.


Obxectivos de divulgación

3

Difundir os resultados, e boas prácticas xurdidas das actividades da Cátedra.

Promover a visibilidade do talento universitario no sector empresarial.

Contribuír á difusión científica e tecnolóxica na transformación dixital da sociedade.


Obxectivos de transferencia de coñecemento ou tecnoloxía

4

Esta iniciativa busca promover a excelencia na formación dos futuros profesionais da Enxeñaría Informática, fomentar a innovación e a investigación aplicada e facilitar a transferencia de coñecemento á sociedade e á industria.

Ademais, a Cátedra pon especial énfase no recoñecemento do talento estudantil mediante a creación dos “Premios Paula Montoto Castelao aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicado á empresa” especialmente dirixido a aqueles traballos que están enfocados nos ámbitos da Enxeñaría de Datos e da Intelixencia Artificial. Ademais, tamén se ofertarán bolsas profesionais que promoven a contratación laboral dos estudantes máis destacados.

Promover a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre universidades e empresas nos distintos campos de actuación asociados á Facultade de Informática.

Impulsar o desenvolvemento de prototipos, produtos ou solucións tecnolóxicas con aplicación directa nas empresas ou no sector das TIC.

Facilitar a integración do talento universitario no mercado laboral a través de bolsas.

Fomentar a transferencia de metodoloxías e ferramentas desenvolvidas no ámbito académico á industria.

Premios Paula Montoto Castelao

aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicado á empresa