PREMIOS PAULA MONTOTO CASTELAO
aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicados á empresa
2025/2026
1º premio 5.000 €
·
2º premio 3.000 €
·
3º premio 2.000 €
·
1º premio 5.000 € · 2º premio 3.000 € · 3º premio 2.000 € ·
Unha homenaxe a un legado tecnolóxico
Como unha das iniciativas máis destacadas da Cátedra Denodo UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica, crearase un premio especial en honra de Paula Montoto Castelao, docente da UDC e unha das primeiras profesionais de Denodo, falecida a comezos de 2025.
O Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) en Informática con Aplicacións Empresariais nace como unha homenaxe duradeira á súa figura e a unha traxectoria de máis de 25 anos en Denodo, onde desempeñou un papel decisivo no desenvolvemento e crecemento da compañía. Como referente en I+D e figura clave no ámbito técnico, Paula contribuíu de maneira decisiva ao éxito da Plataforma Denodo.
Ademais da súa destacada carreira profesional, o seu labor como profesora da UDC durante máis de dúas décadas permitiulle formar e acompañar varias xeracións de enxeñeiros e enxeñeiras, deixando unha pegada fonda no ecosistema tecnolóxico galego e internacional.
FAQs
Requisitos
1
Poderán participar estudantes que teñan defendido o seu TFG/TFM durante o curso académico correspondente en calquera dos seguintes programas impartidos na Facultade de Informática:
Grao en Enxeñaría Informática.
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos.
Grao en Intelixencia Artificial.
Calquera dos programas oficiais de mestrado impartidos na Facultade de Informática.
Obxectivo da convocatoria
2
Recoñecer traballos que destaquen pola súa excelencia académica, innovación e potencial aplicación nos sectores profesional e empresarial.
Criterios de avaliación
3
Orixinalidade e innovación tecnolóxica.
Calidade científica, técnica e metodolóxica.
Aplicabilidade e transferencia ao ámbito empresarial.
Contribución ao desenvolvemento sostible ou á transformación dixital.
Comisión de avaliación
4
A avaliación das candidaturas corresponderá a unha Comisión de Avaliación integradapor cinco membros designados pola Cátedra Denodo – UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica.
En caso de que concorra un conflito de intereses dalgún membro da Comisión respecto da avaliación dalgún dos traballos presentados, dito membro absterase de participar na avaliación dese traballo e poderá designarse unha persoa avaliadora suplente.
Frecuencia
5
Anual
Bases da convocatoría
6
Candidatura
A presentación deberá realizarse a través do seguinte formulario
O prazo permanecerá aberto ata o 1 de outubro de 2026.